A Roda

A Roda

A Roda es un grupo de música tradicional gallega. Muchos de sus cánticos son todo un clásico en Balaídos, estadio del Celta de Vigo.

Biografía

A Roda nació en 1976, formado por un grupo de amigos que acostumbraban cantar en las tabernas en una mesa redonda. Su primer disco, que incluía clásicos como «Pousa, pousa», «O andar miudiño» y «O gato», fue un éxito de ventas y llegó a ganar el 'Premio da Crítica Galega' un año después. Lo cual los motivó a dedicarse a la música más en serio. BIODISCOGRAFÍA

A Roda naceu dun grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda na taberna, de aí o nome.


Era este un banquete festivo ao carón do viño, nunha época e nun país onde convivía esta tradición tabernaria cos efectos da normalización, que comezaban a dar resultados tamén no eido musical, eido que precisaba ter representación tamén no ámbito da cantiga de taberna. Estes feitos, xunto ao carácter estritamente popular das cantigas galegas que cantaba A Roda, así como da imperiosa necesidade de elaborar un repertorio discográfico de tipo tradicional que reflectise a realidade socio-musical na súa dimensión tabernaria, conseguiron atrae-la atención dunha multinacional discográfica, que neste caso aproveitou o feito de ter unha unidade móbil desprazada en Galiza para gravar un primeiro álbum do grupo, que tivo que artellar todo un repertorio para esta gravación en poucos días, así como artellar unha definitiva e posterior formación en relación ao directo. O carácter ou organigrama daquela formación primixenia, e daquel xermolo tabernario queda de manifesto na rúbrica, a modo de declaración de principios, que figura na contraportada deste mesmo álbum, no que se declara xa o ánimo e a intención de pasalo ben, sen máis concesións que o divertimento e como non que non falte o líquido elemento, que tamén ten o seu espazo neste caso acudindo ao refraneiro popular, todo un manifesto de aprofesionalización por tanto.

Este álbum, que incluía cancións como Pousa, pousa; O andar miudiño ou O gato, conseguiría o Premio da Crítica Galega un ano máis tarde. Foi un éxito de vendas, nun intre de transición política e cultural, que en contrapartida tamén cumpría ser normalizado e normativizado para establecer definitivamente o xénero da cantiga popular.

Produto disto, o grupo acadou un recoñecemento e sona en todo o territorio galego e alén das súas fronteiras. Este éxito provocou que axiña chegase o seu segundo LP, titulado FALEMOS GALEGO, no que se incluían as coñecidas Foliada do Celta e Falemos galego; e posteriormente aparecería o terceiro LP, PRA OS AMIGOS, na liña dos anteriores.

Dende a súa primeira gravación, A RODA viviu un ir e vir constante por tódolos lugares da nosa xeografía, asemade viaxou aos Centros Galegos na Emigración (Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Gran Bretaña, Bélxica e outros), onde sempre gozaron dunha boa acollida e recoñecemento.


Despois dunha longa paréntese sen gravar, aínda que se seguían a realizar actuacións en directo, chegou no 1990, o seu cuarto LP, OS MARIÑEIROS, no que aparece a picaresca e retranqueira cantiga Os bistéqueles. Nesta época, entre outubro do 1990 e xuño do 1991, foi o grupo máis votado pola audiencia galega no programa MIRADOIRO.

O seu quinto traballo discográfico, titulado EU TEÑO UN COMPADRE, apareceu no ano 1992. Este disco, xa na era do dixital, significa un punto de inflexión na traxectoria da formación, que renovada e baixo outra dirección, achégase ao eido da composición, tanto musical como literaria, como acontece coa musicación do poema de Fermín Bouza Brey: Eu teño un compadre (que dá título xenérico ao disco), ou ben a incursión no eido da canción autógrafa, que se exemplifica na música e letra de A gaivota.


Posteriormente, no ano 1993 aparece o seu sexto traballo, A RODA RODANDO, escolma ou escolla dos éxitos da formación.

O 24 de febreiro do 1995, a Institución ORDE DA VIEIRA tivo a ben nomear A RODA como mellor conxunto de canción popular galega e galardoou ao grupo cun diploma e a Vieira de Prata á calidade artística. Nese mesmo ano aparece OS QUINTOS, no que se establecerá o organigrama do conxunto musical que informará as obras futuras, diversificado ou bifurcado basicamente en cantiga de autor (textos relativos a personalidades representativas das nosas letras ou ben textos autógrafos) e cantiga tradicional ou popular, xénero vencellado a formación dende o seu berce, e, como é de colixir, inescindible do seu repertorio, tanto discográfico como referente ao directo.


Ademais dos premios antes mencionados, A RODA tamén conta no seu haber, entre outros, cunha Huaca de oro recibida en Panamá no 1994, outorgada á formación en consideración á súa bagaxe musical, así como en recoñecemento do feito de ser un dos poucos grupos galegos convidados a tocar alí. Cómpre mencionar tamén o Premio Luar á Traxectoria Profesional.

As últimas gravacións da formación son: LEMBRANZAS (1995) disco recopilatorio. NA BRANCA NOITE (1996), disco que supón unha homenaxe á gran tradición que ten o xénero da panxoliña, así como á importancia que acadou este xénero no conxunto do cancioneiro popular galego e na literatura galega en xeral. ONDE GALICIA É PORTUGAL (1998). R.C. CELTA - A RODA (1999). AÍ O VÉN (1999), disco publicado e editado en colaboración co Xacobeo 99, no que se inclúen dúas cancións autógrafas que A RODA realiza con motivo do mencionado evento. Estas dúas cancións atópanse tamén no recente O SON DO CAMIÑO (2004). Por último cómpre facer mención da recente edición especial que realiza La Voz de Galicia, baixo a colección Son de Galicia do disco PRA OS AMIGOS


Na actualidade o grupo A Roda, ademais de conserva-la esencia que caracterizou ao grupo dende o seu berce e de mante-los presupostos do seu xermolo, roda e xira baixo o obxectivo común de non limita-la súa creatividade e inspiración, agroma a necesidade de chegar onde nunca antes chegara, e zumega entre as súas madeiras a intención de facer unha Roda igual de redonda pero máis grande e totémica, se isto é posible.

Discografía

1º - A Roda (1977)

2º - Falemos galego (1979)

3º - Pra os amigos (1980)

4º - Os mariñeiros (1990)

5º - Eu teño un compadre (1992)

6º - A Roda rodando - Recopilatorio (1993)

7º - Os Quintos (1995)

8º - Lembranzas - Recopilatorio (1995)

9º - Na branca noite - Paixoliñas (1996)

10º - Galicia terra única - Promocional (1997)

11º - Onde Galicia é Portugal (1998)

12º - R.C.Celta - A Roda (1999)

13ª - Aí o vén - Single promocional (1999)

14ª - O son do camiño - Single promocional (2004)

15º - A Roda alalá adorA (2006)

Enlaces externos


Wikimedia foundation. 2010.

Игры ⚽ Поможем решить контрольную работу

Mira otros diccionarios:

  • Roda JC Kerkrade — Voller Name Sport Vereniging Roda Juliana Combinatie Kerkrade Gegründet 27. Juni 1962 …   Deutsch Wikipedia

  • Roda de Bará — Saltar a navegación, búsqueda Roda de Barà Roda de Bará Escudo …   Wikipedia Español

  • Roda — bezeichnet roda, Endung von Ortschaften, die durch Rodung eines Waldes entstanden Roda (Fluss), Zufluss der Saale, Saale Holzland Kreis, Thüringen eine der beiden Nilinseln in Kairo die typische Übungsform im brasilianischen Kampftanz Capoeira… …   Deutsch Wikipedia

  • Roda JC Kerkrade — Roda JC Roda JC Généralités …   Wikipédia en Français

  • Roda JC — Voller Name Sport Vereniging Roda Juliana Combinatie Kerkrade Gegründet 27. Juni 1962 Vereinsfarben …   Deutsch Wikipedia

  • Roda Kerkrade — Roda JC Voller Name Sport Vereniging Roda Juliana Combinatie Kerkrade Gegründet 27. Juni 1962 Vereinsfarben …   Deutsch Wikipedia

  • Roda de Ter — Saltar a navegación, búsqueda Roda de Ter Bandera …   Wikipedia Español

  • Roda (art) — Roda (pronounced|ˈxɔdɐ), meaning wheel or, more appropriately in this case, circle in Portuguese, is the name given in several Afro Brazilian art forms, such as Capoeira, Maculelê and Samba de Roda, to the circular formation within which… …   Wikipedia

  • Roda de Isábena — Saltar a navegación, búsqueda Roda de Isábena Bandera …   Wikipedia Español

  • Roda de Ter — is a municipality in the comarca of Osona, province of Barcelona, Catalonia, Spain, near Vic, on the Ter River above the Sau Reservoir. Population: 5,435 (2004), area: 2.18 km sup2;. Its church is dedicated to St. Peter. Main monuments: Pont Vell …   Wikipedia

  • Roda de Isábena — Roda de Isábena, seit 1964 ein Teil der Gemeinde Isábena, ist ein kleiner Ort (2005 36 Einwohner) im Tal des Río Isábena in der Comarca Ribagorza in der Provinz Huesca in Aragonien in Spanien in den aragonesischen Pyrenäen. Der Ort war im 9. und… …   Deutsch Wikipedia

Compartir el artículo y extractos

Link directo
Do a right-click on the link above
and select “Copy Link”